978-84-8302-120-0
Camiño de sirga
Moncada, Jesús; R. Baixeras, Xabier (Trad.)
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 25/01/2009 Páginas: 280A obra de Jesús Moncada, multipremiada e traducida ás principais linguas do mundo, foi saudada pola crítica de todas partes. Segundo Kjell A. Johansson, traductor sueco de Camí de sirga, unha entrevista para La Vanguardia, "traducindo a Moncada descubrín un enorme candidato ó Premio Nobel".
Xabier Rodríguez Baixeras, traductor ó galego de Camí de Sirga comenta:
Non é doado atopar unha obra literaria que xurda tan serena, tan harmónica na súa saudade, e mesmo no seu sentido do humor, tan distante e, asemade, tan próxima da sensibilidade de quen viviu semellante drama persoal e colectivo. Camí de sirga é unha obra erguida desde a lembranza, certamente. Pero tamén desde a linguaxe. Unha linguaxe podente, rica, lúcida, capaz de intervir decisivamente na incrustación deste vivísimo mosaico. Camíño de sirga é unha novela de linguaxe, desas que ama este traductor, pois son capaces de lle facer crer que tamén está a participar na súa creación. Se cadra sexa esta unha das razóns principais pola que foi tan celebrada na súa terra e está o a ser agora no extranxeiro.